Ao longo das próximas datas, a D.O. Monterrei estará presente en dous eventos gastronómicos provinciais: 25ª Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar e XXIX Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós.
O primeiro deles, Xantar, terá lugar do 24 ao 27 de outubro no recinto feiral de Expourense. Neste caso, e co obxecto de promocionar o territorio vitivinícola e reforzar a imaxe de marca, os viños da denominación maridarán os pratos elaborados con produtos de calidade de Galicia nos showcookings de Xantar. Así mesmo, na iniciativa do Túnel do Viño participarán, por parte da denominación, as seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento e Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff.
A segunda iniciativa gastronómica será a XXIX Festa da Castaña e do Cogomelo de Riós, o 03 de novembro, e na que o Consello Regulador contará cun stand propio para ofrecer información sobre a zona, características de chan e clima, ou tipoloxía de viños, entre outros aspectos. Ademais, as persoas que se acheguen a este espazo poderán degustar o produto elaborado na denominación.
Así mesmo, os viños de Monterrei tamén estarán presentes na comida popular organizada con motivo desta celebración. Neste caso participarán as adegas: Ladairo, Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Manuel Regueiro García (Serra de Alén) e Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff.