O Consello Regulador da D.O. Monterrei acaba de recibir a visita de 21 xornalistas procedentes de Países Baixos, Polonia, Austria, Alemaña, Hungría, Irlanda e Suecia, que coñeceron as características do territorio, así como o seu potencial vitivinícola.
Ao longo da devandita visita recibiron información sobre variedades, aspectos edafoclimáticos, elaboracións e historia da denominación. Así mesmo, formaron parte dun Túnel do Viño na sede da entidade no que tiveron a oportunidade de coñecer brancos e tintos das seguintes adegas rexistradas: Trasdovento, Pazo das Tapias, Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes), Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Vía Arxéntea, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terras do Cigarrón e Triay.
Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto #ASharedPassion, realizado tanto pola Unión Española de Catadores (UEC) como por OIVE (Organización Interprofesional del Vino de España), e ten por obxecto potenciar o coñecemento e a visibilidade de España como país vinícola entre comunicadores de referencia da Unión Europea. Os xornalistas que participaron na devandita visita foron Priya Badeloe, Paulina Bandura, Cornelia Becker, Felix Bodmann, Daniel Bruce, Laoise Dempsey, Nadien de Visser, Michael Kardienaal, Harmke Kraak, Konrad Krysowaty, Ingrid Larmoyeur, Anna Levdonskaia, Inma Muñoz, Fanni Piskor, Sinead Smyth, Jelle Stelpstra, Maciej Świetlik, Sue Tolson, Kazumi Uejo, Klazien Vermeer e John Wilson.
“A participación en accións destas características permitiu achegar ata Monterrei a comunicadores de sete países europeos, que nos han traslado o seu interese polo traballo das adegas, as elaboracións que teñen no mercado, e a calidade do noso produto”, destaca Manuel Vázquez, presidente da entidade.