O próximo 3 de xullo, a comunidade de montes de Vilamaior organiza a romaría O Val do Viño, na que se celebrarán unha serie de actos de exaltación do Santuario dos Remedios, da súa contorna e da súa relación co mundo do viño. Estes actividades contan coa colaboración da Denominación de Orixe Monterrei e do Concello de Verín.
Segundo destacaron os organizadores, a finalidade desta evento é «dar a coñecer, o viño de onte, de hoxe e de mañá, dende este espectacular icónico Santuario que é reseña non só de Verín si non de toda a comarca. Cada anaquiño deste lugar nos fala de cultura, da veciñanza, da Romaría..do festexo de fin de verán que tantos anos uniu a xente a redor do Santuario.
Os principais obxectivos desta iniciativa son promocionar o viño, o campo e o Santuario, divulgar a tradición e cultura vitivinícola, a D.O Monterrei; por en valor as tradicións, romarías e folclore vencellado ao viño; buscar un impacto socio cultural no turista; recuperar as da tradicións que as novas xeracións case descoñecen e coñecer a relación entre ordes relixiosas e a vitivinicultura na comarca; visivilizar o legado histórico e artístico do Santuario dos Remedios; descubrir figuras relevantes vencelladas a comarca de Verín como por exemplo García Barbón, así como valorizar a muller e o seu papel dentro da vitivinicultura.
Os actos mais significativos desta celebración serán: un paseo pola contorna dos viñedos, feira de artesanía, representación teatralizada da relación do viñedo de onte e hoxe co Santuario e unha comida degustación para 300 persoas de carne e viño, que contará cun exquisito menú non que a tenreira ó espeto será ou prato principal.
A comida e degustación correrá a cargo do cociñeiro vasco Karlos Ibarrondo que prepará a carne en directo ante os comensais utilizando a técnica do “burduntzi”. Esta forma de asar, que consiste no asado sobre brasas de carbón vexetal a fogo lento e constante, é orixinaria de Elorrio, en Biscaia. A entrada, que terá un custo de 25 euros, están dispoñibles no Bar Lito (Castrelo do Val), Gandainas, Tenda O Taller, Asubío, Pato Xoieros e Generali Seguros.
Horarios
8:30 h. ROTEIRO FOTOGRÁFICO “O CARON DO VAL DO VIÑO”
Xornada amenizada por: FUEGO STREET BAND
10:00 h. VISITA A FEIRA DE PRODUCTOS LOCAIS
OBRADOIRO DE ALFARERÍA (Mestre Carrera)
11:00 h. ACTOS INTERIOR DO SANTUARIO (O VAL, O VIÑO E A ROMARIA)
Presenta actor Toni Salgado
11:05 h. INICIO XORNADAS
11.25 h. O TREBEDE DO VIÑO (Mestre Miro e Miguel Ángel)
12:00 h. COMENTARIO HISTÓRICO ARTÍSTICO DO SANTUARIO (recuperando o noso patrimonio)
12:45 h. DRAMATIZACIÓN HISTÓRICA (XEITURA)
13:45 h. ENTREGA DE PREMIOS VAL DO VIÑO
14:00 h. ACTO DE CLAUSURA
14.15 h. COMIDA DEGUSTACIÓN TERNERA GALEGA O ESPETO
METODO “burduntzi” (ASADO ENTEIRO) POLO CHEF KARLOS IBARRONDO