A Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia celebrou a cata final do concurso “Distincións Gallaecia”, onde once viños da D.O. Monterrei resultaron premiados.
A D.O. Monterrei presentou a esta edición un total de 48 mostras, 21 tintos e 27 brancos, que pertencían ás anadas 2016, 2017, 2018 e 2019. Das 72 referencias recoñecidas neste concurso, once pertencen á denominación:
Brancos
Abeledos 2019 (Concepción Paradela Martínez).
Ladairo Barrica 2018 (Ladairo).
Mara Moura 2019 (Terras do Cigarrón).
Pazo de Monterrey Raúl Boo 2018 (Pazos del Rey).
Trasdovento 2018 (Trasdovento).
Vía Arxéntea 2019 (Vía Arxéntea).
Vía Arxéntea Barrica 2018 (Vía Arxéntea).
Tintos
Alto do Bocelo 2018 (Trasdovento).
Father 1943 do 2017 (Crego e Monaguillo).
Lobarzán Isaura 2018 (Castro de Lobarzán).
Lobarzán Isaura Bastardo 2018 (Castro de Lobarzán).
Nesta edición do concurso “Distincións Gallaecia”, que cumpriu 22 anos, 641 viños e destilados de todas as DD. OO. de Galicia.
Así mesmo montáronse 14 paneis de cata conformados por 85 catadores de toda Galicia, acompañados catadores e técnicos de Zamora, Toro, Ribeira do Douro e Rioxa.
Os catadores que participaron na cata final de “Distincións Gallaecia”, foron:
“Queremos felicitar ás adegas que conseguiron estas distincións”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “o que demostra o excelente traballo que se está realizando en Monterrei nos últimos anos”