Esta mañá, a sede do Consello Regulador da D.O. Monterrei foi testemuña da presentación da ‘Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia 2022’.
Neste acto estiveron presentes a presidenta do Consello, Lara Da Silva, e un dos autores da guía, Luis Paadín. No mesmo presentouse o contido da publicación, na que aparecen referenciadas as 27 adegas de Monterrei. Nesta ocasión, un total de 91 viños obtiveron medalla, dos cales 13 foron Gran Ouro, 15 Ouro +, 45 Ouro e 18 Prata.
Para a realización desta guía, catáronse máis de 1.500 viños e destilados (pertencentes á totalidade das adegas e destilerías amparadas nas DO’s e IXP’s galegas). A mesma tamén inclúe histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada denominación, mapas litolóxicos e de relevo, orixe da uva en base a tres niveles (Zona/Rexión – Concello / Parroquia – Parcela). Así como, buscador de viños por R.E. N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras, árbore xenealóxica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia; así como, harmonías de viños galegos con pratos rexionais de toda España.