A sede do C. R.D.O. Monterrei acolleu a presentación da ‘Guía de Viños, Adegas e Destilados de Galicia 2021’.
Neste acto participaron a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, e os dous autores da guía, Luís Paadín e Alejandro Paadín. No mesmo presentouse o contido da publicación, na que aparecen referenciadas as 27 adegas de Monterrei. Nesta ocasión, un total de 84 viños obtiveron medalla, dos cales 13 foron Gran Ouro, 56 Ouro e 15 prata.
Para a realización desta guía, catáronse máis de 1.500 viños e destilados (pertencentes á totalidade das adegas e destilerías amparadas nas DO’ s e IXP’ s de viño de Galicia). A mesma tamén inclúe histórico de medallas, mapas climáticos e pluviométricos dos últimos 4 anos en cada DO, mapas litolóxicos e de relevo, e orixe da uva (en base a tres niveles, Zona/Rexión – Concello / Parroquia e Parcela). Así como, buscador de viños por R.E. N. (Número de Rexistro Embotellador e Envasador) cos nomes das adegas embotelladoras e unha árbore xenealóxica dalgunhas das principais variedades ancestrais de Galicia, entre outras cuestións.