A última edición da Guía Peñín recoñeceu con puntuacións de 90 puntos e superiores a un total de 27 viños da Denominación de Orixe Monterrei.
Dita publicación recoñece un total de 68 viños amparados pola denominación de orixe Monterrei. Ademais dos 27 brancos e tintos que teñen entre 90 e 95 puntos (excelente), outros 39 foron cualificados como viños moi bos (entre 86-89 puntos). Os viños cualificados como excelentes e moi bos pertencen a elaboradores como Pazo das Tapias, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Ladairo, José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Crego e Monaguillo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Fragas do Lecer, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Viños Lara), Manuel Guerra Xusto (Vía Arxéntea), Pazos do Rey, Quinta do Buble, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) ou Terras do Cigarrón, entre outros.
A Guía indica que os brancos de Monterrei son “intensos e afrutados, saborosos e fresco en boca, cun bo equilibrio alcol-acidez”. Pola súa banda, a publicación detalla que “os tintos mozos posúen un bo carácter froiteiro”, mentres que os tintos con crianza “empezan a gañar peso na zona grazas ao bo equilibrio entre a froita e os matices da crianza”.
Estes resultados avalan “o excelente traballo que se está realizando no noso territorio vitivinícola”, destaca Lara Dá Silva, presidenta do Consello Regulador, “onde os viticultores e adegueiros dan o mellor de si para elaborar cada ano viños de mellor calidade”.