O C.R.D.O. Monterrei acaba de lanzar a súa campaña “Tempo de Godello”, coa que pretende favorecer o posicionamento e identificación dos viños D.O. Monterrei a través da súa uva insignia, a uva godello, e nun momento clave para o consumo: o Nadal.
Nos últimos anos, a demanda do viño godello creceu de forma exponencial e cada vez ocupa maior espazo en bares, vinotecas e restaurantes. Sendo esta a variedade máis abundante na rexión de Monterrei, o Consello Regulador ha querido posicionar a súa imaxe xunto a esta uva, reforzando a idea de que estamos en tempo da uva godello, e, por tanto, en tempo de D.O. Monterrei.
Co obxectivo de impactar tanto ao canle restauración como ao consumidor final, a entidade apostou fortemente pola presenza nos medios dixitais de máis actualidade.
Así, ao longo das próximas semanas, poderemos ver “Tempo de Godello” na contorna das redes sociais, en publicidade en formato audio dixital e en campañas de display e programática, entre outras canles. Ademais, se aposta por un novo tipo de publicidade, innovadora e rupturista, que levará á D.O. Monterrei a Mediaset e Antena 3: o formato televisión conectada.
En canto a publicidade tradicional, a publicidade exterior tamén terá un gran peso á hora de dar a máxima visibilidade á campaña. “Tempo de Godello” trasladarase ás principais cidades galegas a través de valos publicitarios de gran formato e tamén nalgunhas estacións de tren, co vinilado de portas e mupies dixitais.