A cidade de Santiago de Compostela, foi testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes profesionais do canle HORECA e do sector de distribución.
O Túnel do Viño da D.O. Monterrei contou coa participación de distribuidores como Dysbodesa, Antonio de La Morena, JBcao ou M&D Galaika; así como representantes do sector da canle Horeca da man de A Vaquiña, O Ferro, Bodeguilla de Santa Marta, San Lázaro, Mesón A Brasa, Mesón de Lázaro, Vinoteca Comovino e Asador Gonzaba. Sen esquecer a medios de comunicación como Global Media, alumnos do IES Compostela ou o enólogo Ignacio Orriols, entre outros. Todos eles recibiron información sobre as características de chan e clima, variedades de uva, tipoloxías de viño ou importancia da viticultura na historia e economía da zona.
Así mesmo, os participantes nesta iniciativa da D.O. Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.
Esta iniciativa conclúe o ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este 2022, e que xa permitiu que os viños de Monterrei viaxasen a cidades do país como Alacante, Valencia, Barcelona, San Sebastián, Bilbao, Santander, Oviedo, A Coruña, Ourense ou Vigo. “Estamos moi satisfeitos co calendario promocional desenvolto neste ano, que se centrou fundamentalmente nos nosos principais mercados de venda e consumo, segundo recollen os datos Nielsen”, recoñece a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “Cada unha destas iniciativas supón unha nova oportunidade de fidelizar consumidores, atraer novos prescritores e abrir vías de comercialización ás nosas adegas”, conclúe.