O Consello Regulador, continuando coa aposta pola promoción e desenvolvemento de negocio das adegas e os seus viños, organizou a visita dunha delegación de prescritores cataláns.
Participaron na mesma un total de seis profesionais, en que os que atopaban Anna Vicens (presidenta da Associació Catalana de Sommeliers), Frédéric Galtier (embaixador CMB /articulista revistas de Francia e Bélxica), Laura Morales (redactora xefa de Vinos y Restaurantes), Ramón Francàs (xornalista de viños de La Vanguardia), Ruth Troyano (xornalista especializada en turismo enolóxico) e Xavier Nolla (director EnoAula e de actividades de Barcelona Wine Week).
Entre as actividades das que formaron parte atópanse tres túneles de viño (‘Vales’, ‘Anadas eméritas’ e ‘Variedades’) e visita a lagar rupestre Xan Preto. Ademais, estes xornalistas especializados coñeceron cinco adegas da denominación (Daniel Fernández, Terras do Cigarrón, Triay, Ladairo e Gargalo), onde descubriron os seus viñedos, instalacións e viños máis característicos.
“Trátase da terceira iniciativa destas características realizada este ano, e como nas anteriores, foi todo un éxito, xa que nos permitiu mostrar nesta ocasión a vendima e os procesos de recolección e elaboración relacionados con ela”, manifesta o presidente Jonatás Gago. “Ademais con estas accións ensinamos a nosa historia e tradición vitivinícola, características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de viños, así como o traballo realizado polas cinco adegas participantes na devandita iniciativa promocional”.