Unha trintena de viños da D.O. Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que levará a cabo en Oviedo o próximo 11 de abril.
O Hotel Gran España será o escenario desta nova iniciativa, na que participarán os viños de 22 adegas rexistradas na denominación. Terá lugar entre as 17 e 21 horas, e nela presentaráselle aos asistentes as características do chan e clima, cultura vitivinícola do territorio, diferentes variedades de uva ou tipoloxías de produto, entre outras cuestións.
Está destinada ao sector da distribución, canle HORECA, catadores, centros de hostalería e restauración, entre outros. Ao longo das catro horas, os presentes tamén poderán coñecer os viños que se elaboran no territorio, da man das adegas que forman parte da devandita acción: Trasdovento, Pazo das Tapias, Abeledos, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terrae Monterrei, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei en Oviedo será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es, xa que as prazas son limitadas.