Unha corentena de viños da D.O. Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que levará a cabo na Mariña Lucense o próximo 22 de novembro.
O Parador de Ribadeo será o escenario desta nova acción promocional da denominación para o 2021, que terá lugar entre as 17 e 21 horas. Está destinada ao canle HORECA, catadores, docentes e alumnos de centros de hostalería, entre outros. Extremando as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, mostrarase aos participantes da devandita iniciativa cuestiones como tipoloxías de viños, variedades de uva, características edafoclimáticas ou historia vitivinícola do territorio.
Así mesmo poderán descubrir o produto que se elabora na denominación, da man das 21 adegas que participan nesta acción: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei na Mariña Lucense será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es, xa que as prazas son limitadas.