O próximo 22 de xullo, os brancos e tintos de Monterrei serán protagonistas dun Túnel do Viño da denominación que se celebrará no territorio de Cabo Ortegal, en concreto, na localidade de Cariño.
O Local Social Municipal (Casa do Concello de Cariño) acollerá esta nova acción promocional programada para o 2022, na que estarán presentes máis dunha trintena de viños de 19 adegas rexistradas na denominación. Dita actividade, que se realizará entre as 17 e 21 horas, está destinada ao sector da restauración, hostalería, sumillería e distribución, ademais de escolas de hostalería, entre outros.
Durante a mesma, os asistentes poderán descubrir a historia e tradición vitivinícola de Monterrei, as súas peculiaridades edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxías de viño. Ademais de coñecer o produto que se elabora na denominación, da man das adegas participantes nesta iniciativa promocional: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Para máis información: 606 738 242 ou info@paadin.es.