O C.R.D.O. Monterrei acaba de organizar, en Oviedo, unha Masterclass destinada a sumilleres, propietarios de establecementos de restauración, distribución e medios de comunicación.
Esta actividade dividiuse nunha sesión formativa sobre a denominación (características edafoclimáticas -chan e clima-, variedades de uva ou tipoloxía de produto), cata de viños de Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas realizadas no restaurante Casa Ramón.
Á devandita iniciativa asistiron Edén Fernández e Moisés Moya (director e sumiller do Grupo Divenire), José Alfonso Moutas (propietario de Moutas Área Gourmet), Lara Roguez (chef do restarurante Abarike), Vicente Fernández e Iván Fernández (sumiller e chef do restaurante Ca’Suso), José María de Rato (director rexional de Onda Cero Asturias), Pedro Martino (propietario e chef do restaurante Pedro Martino), Tano Ruiz e Miguel Fernández (presidente e sumiller da Asociación Asturiana de Sumilleres), Genoveva Bilbao (sumiller do restaurante NM, * Michelin), Óscar Sariego e Borja Rodríguez (chef e sumiller do restaurante Somió Park), Diego Rodríguez (sumiller do restaurante El Tizón), Jaime Uz e Natalia Ampuria (chef e sumiller-responsable de compras do restaurante Cova Sacra), Miguel Antón Argüelles (CEO de Sublimedia Marketing), ou Rubén Riaño e Antonio Lobeto (director e director comercial, respectivamente, de SER Radio Asturias), entre outros.
As adegas participantes nesta actividade foron: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).
“A realización de iniciativas como esta permite o contacto directo cos asistentes, xa que nelas explícanse as peculiaridades dos nosos viños e o que nos fai diferentes a outras rexións vitivinícolas”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.