O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, recibiu esta mañá en audiencia ao presidente do Consello Regulador Monterrei, Jonatás Gago, trala súa elección como novo responsable desta Denominación de Orixe.
Neste primeiro encontro, falaron das demandas e necesidades deste sector estratéxico, e o delegado territorial trasladoulle o compromiso da Xunta de seguir a traballar a prol do seu desenvolvemento, lembrándolle iniciativas como a posta en marcha do novo ciclo de FP Aceites de oliva e viños no IES García Barbón ou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que persegue consolidar os nosos viños nos mercados nacional e internacional e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen.
Gabriel Alén, desexoulle moita sorte e éxitos na súa responsabilidade ao fronte do Consello Regulador da D.O. Monterrei.