CRDO Monterrei Misión


Entre as funcións principais do Consello Regulador atópanse a defensa da orixe e a calidade do produto adscrito, promovendo a súa promoción nos distintos mercados, así como o cumprimento do Regulamento e das normas que rexen as denominacións de orixe.
Principais Funcións:
- Comprobar e garantir a orixe do produto protexido.
- Garantir o cumprimento das normas que rexen a denominación de orixe, no que se refire ao cultivo de variedades protexidas e durante o proceso de transformación na adega.
- Verificación de todos os elementos, antes do engarrafamento, por análise sensorial química e, a fin de manter as características e identidade que definen os viños desta denominación.
- Defensa e promoción do territorio e produto protexido.
Descubre unha paisaxe bañada polas cores do viño, a historia e
a gastronomía dunha terra que che sorprenderá "A ruta do viño".