A Denominación de Orixe Monterrei finalizou a súa participación en ‘Experiencia Verema Santander’, cun éxito de asistencia de participantes ao espazo da mesma.
Durante toda a xornada, máis de setenta persoas achegáronse ata a área de Monterrei para descubrir as tipoloxías de viños, características edafoclimáticas, variedades de uva, historia e patrimonio vitivinícola; ademais de poder degustar os tintos e brancos das seguintes adegas da denominación: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Entre os que se visitaron o espazo de Monterrei atopábanse membros de Ola Martin Berasategui, Cenador de Amós, La Bicicleta,Vides Caliza, Vermutería de Vicio, Las Carolinas Garden, Paradores de Turismo, Saborea, La Galerna, Taykohotels, Tresenes, Sukara, Gómez Fusión, El Desván, Vinoteca El Local, El Stop, Balneario Puente Viejo, La Torre by Marañón ou Ánfora, entre outros.
“Trátase do segundo evento de Verema no que participa a denominación no 2022, e conforma unha excelente oportunidade de ensinar o produto ‘Monterrei’ tanto ao consumidor final como ao sector da distribución, sumillería, restauración ou hostalería”, indica a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva. “Ademais Santander é unha das cidades marcadas no noso calendario de accións promocionais, xa que se trata dun dos nosos mercados estratéxicos no norte do país, e por tanto congratulámonos que 19 adegas da denominación sumáronse a este iniciativa”.