A Denominación de Orixe Monterrei concluíu a súa participación na ‘Experiencia Verema Alicante’, cun enorme éxito de asistencia de público ao espazo da entidade.
Durante toda a xornada, máis dun centenar de asistentes visitaron a área de Monterrei para descubrir as tipoloxías de viños, características edafoclimáticas, variedades de uva, historia e patrimonio vitivinícola; ademais de poder degustar os viños das seguintes adegas participantes na iniciativa: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.
Entre os asistentes ao espazo de Monterrei atopábanse representantes dos restaurantes La cuina de Nico, Maillard, Monastrell, El Xato i Cristina Figueira, Mauro, El Racó d´Anna, Perro Negro, Nou Arcos, Alba, La Teja Azul ou La Cava Aragonesa. Así como de Vinum Enoteca, Grupo Gastronou, Yavino Club; de empresas de distribución como Tres lemures beben vino, De Jesús, Codile, Exclusivas Uriarte, Exclusivas Ramírez, e integrantes da Asociación de Sumilleres da provincia de Alicante, Escuela de Cata de Alicante ou panel de cata de Verema, entre outros.
“Trátase de terceira acción promocional que levamos a cabo con Verema neste ano”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “e tras visitar Valencia e Santander, decidimos estar presentes tamén en Alicante, xa que este salón permítenos presentar os nosos viños a un amplo target, desde a canle Horeca, ata a distribución, sen esquecer o consumidor final. Ademais a nosa participación axuda a reforzar a presenza de Monterrei no mercado alicantino, un mercado incipiente entre as últimas análises da D.O. e que, por tanto, abre novas oportunidades de venda de produto ás adegas participantes”.