A Denominación de Orixe Monterrei finalizou a súa participación en ‘Experiencia Verema Málaga’, cun éxito de asistencia de participantes ao espazo da mesma.
Durante toda a xornada, máis dun centenar de persoas achegáronse ata a área de Monterrei para descubrir as tipoloxías de viños, características edafoclimáticas, variedades de uva, historia e patrimonio vitivinícola; ademais de poder degustar os tintos e brancos das seguintes adegas da denominación: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Fausto Rivero Pardo and Manuel Regueiro García (Serra de Alén).
Entre os que visitaron o espazo de Monterrei atopábanse membros de El Mesón de Cervantes, Grupo Trocadero, Tercer Acto, Tragabuches (Dani García), Doña Inés, La Navilla, La Bobadilla, Cávala, Sollo, Los Patios de Beatas, Vinoteca Bouquet, Narbona, Vinalium, e os restaurantes LOLA (Hotel Only You), Araboka, Ta Kumi, Carmen (Hotel only You), Jose Carlos García, Óleo, Kava, Palodú ou El Pimpi, entre outros.
Doutra banda, o CESMA (Centro de Estudios Superiores de Hostelería de Málaga) acolleu o seminario “Orixe do viño, D.O. Monterrei. Portas de Galicia”, no que estiveron presentes unha ducia de profesores/as e alumnos/as do mesmo, e que permitiu mostrarlles as peculiaridades deste territorio vitivinícola. “Trátase do primeiro evento de Verema no que participa a denominación no 2024, e conforma unha excelente oportunidade de ensinar o produto ‘Monterrei’ tanto ao consumidor final como ao sector da distribución, sumillería, restauración ou hostalería”, indica o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago García.