A última actividade promocional da D.O. Monterrei, celebrada na cidade de Ferrol, congregou a máis de setenta asistentes de sector da restauración, hostalería e distribución.
Este Túnel do Viño da D.O. Monterrei, realizado no Centro Torrente Ballester, contou coa participación de sumilleres, responsables de establecementos e canle de distribución como O Bacoriño, El Camiño do Inglés, Mesón Picasso, Illas Gabeiras, Mesón Alfonso, Restaurante Nautilus, Mesón Ourra, Vinoselección, Distribuidores Rivas, Distribuciones Almacenes Orense, Distribuidores JM ou Janel Distribuciones, entre outros.
Todos eles recibiron información sobre historia e cultura vitivinícola de Monterrei, variedades de uva, características de chan e clima ou diferentes tipoloxías de viño. Ademais, puideron o produto de 21 adegas da denominación: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este ano, e que xa permitiu que os viños de Monterrei viaxen a San Sebastián, Oviedo, Santiago de Compostela, Santander ou Madrid, entre outras cidades. “Ferrol é un dos nosos destinos fixos no calendario, e este ano debiamos volver a esta cidade, non só para agradecer o traballo de todos os que seguiron apostando por Monterrei nas súas mesas, senón tamén para mostrar que a aposta pola calidade é a máxima que seguen os nosos viticultores e adegueiros, e por tanto os nosos brancos e tintos son sempre unha garantía de éxito”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.