A Denominación de Orixe Monterrei concluíu a súa participación en ‘Experiencia Verema Santander’, cun éxito de asistencia de asistentes ao espazo da entidade.
Durante toda a xornada, máis de oitenta persoas achegáronse ata a área de Monterrei para descubrir as tipoloxías de viños, características edafoclimáticas, variedades de uva, historia e patrimonio vitivinícola; ademais de poder degustar os tintos e brancos das seguintes adegas da denominación: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).
Entre os que se visitaron o espazo de Monterrei atopábanse membros de Cenador de Amós, La Cartería, Distribuciones Mauro, La abuela Maruchi, Nortena Distribuciones, Ánfora, Tecvino, Fagonprisa, Sanz Calvo, Arrabal 18, Maset, La Mía, Mesón Termino, Vides Caliza, Liaño Sánchez, El Desván, Vinoteca La Ruta del Vino, Hoteles Santos ou Exclusivas del Vino, entre outros.
“Trátase do primeiro evento de Verema no que participa a denominación no 2023, e conforma unha excelente oportunidade o noso produto tanto ao consumidor final como ao sector da distribución, hostalería ou restauración”, destaca o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago.