CRDO Monterrei Historia
A historia presenta un territorio fortemente vinculado á produción de viño desde hai 2.000 anos, desde o propietario romano que asentou a súa vila agrícola da Muradella en Mourazos (Verín), onde se atopou o grupo escultórico ‘Dionisos e Ampelos’ (custodiado no Museo Arqueolóxico de Ourense) ata a aprobación o 25 de novembro de 1994, por parte da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, do Regulamento da Denominación de Orixe Monterrei.

Todo iso, sen esquecer o papel de ordes relixiosas na expansión do cultivo da vide na comarca, ou a Carta Poboa de Verín (1183) que incluía disposicións legais sobre o uso e comercialización do viño. Como dato anecdótico, debemos lembrar que Felipe II nomeou vicerrei das dúas Américas (México e Perú) a D. Gaspar de Zúñiga Acevedo e Velasco, que foi V conde de Monterrey, que levou con el a persoas da zona, e con eles a influencia de prácticas vitícolas e variedades, que probablemente deixarían a súa pegada no novo continente.
Ademais, cabe destacar que en Monterrei atópase a rede máis relevante de lagares rupestres de Galicia. Estes lagares son as bases de prensas para o esmagado de uva escavadas en afloramientos de roca natural. A maioría deles estarían destinados nun principio para a elaboración de viños brancos e/o claretes; e nalgúns se realizaron posteriores adaptacións para poder elaborar viños tintos. En nosa D.O. están localizados máis de 50 lagares, de diferentes tamaños e morfoloxías, que se atopan situados a pé de viñas ou en castros.



No século XVIII os viñedos eran omnipresentes na comarca, recolléndose nas entrevistas do catastro do Marqués da Ensenada. En 1965 creouse a Cooperativa de Monterrey para impulsar a comercialización do viño da zona, que chegou a comprar 4 millóns de quilogramos de uva ao ano a 600 viticultores da comarca.
A emigración, o peche desta adega e o abandono das terras estiveron a piques de levar á desaparición do viñedo. Con todo, a partir dos anos 80 comezouse a realizar unha profunda reestruturación do viñedo, e tamén se apostou polos viños de calidade, o que levou consigo o rexurdir desta comarca vitivinícola, e polo tanto, ao nacemento da D.O. Monterrei.