A sede do C.R.D.O. Monterrei acolleu unha cata de viños de Monterrei realizada pola Asociación de Catadoras de Galicia Gallaecia.
O equipo de cata estivo conformado por un total de 14 catadores, entre os que se atopaban:
Este panel avaliou 48 viños da denominación, 27 brancos e 21 tintos. Ao finalizar a cata, Natalia Cid, realizou unha valoración dos viños catados polo equipo, manifestando que nos viños brancos “mantense a calidade dos últimos anos, cun nariz moi intenso e complexidade en boca, respectando a variedade”. Mentres que os tintos, “da anada 2019 tamén son complexos, marcando variedade e territorio; e os de barrica están moi traballados”. Esta cata serviu para avaliar os viños da comarca para realizar a rolda de clasificación da que resultarán os galardoados coas Distincións Gallaecia 2020, así como para elaborar a “Guía Luís Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2021”.