Mañá 02 de setembro empeza a campaña de vendima no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei.
A primeira adega en iniciar as tarefas de recollida de uva, neste 2024, será Manuel Vázquez Losada situada na localidade de Castrelo do Val.
Sobre a D.O. Monterrei
A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Está conformada por 28 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 720 hectáreas de territorio nas que traballan 375 viticultores.