A Denominación de Orixe Monterrei pecha o mes de agosto cunha nova acción promocional, en concreto coa realización dun Túnel do Viño no Principado de Asturias, prevista para o vindeiro luns 30 de agosto.
O Restaurante La Torre será o escenario desta nova iniciativa, na que participarán os viños de 22 adegas rexistradas na denominación. Terá lugar entre as 17 e 21 horas, e nela presentaráselle aos asistentes as características do chan e clima, tradición vitivinícola do territorio, diferentes variedades de uva ou tipoloxías de produto, entre outras cuestións.
Está destinada ao sector da distribución, canle HORECA, escolas de hostalería e sumillería, entre outros; e na mesma cumpriranse todas as medidas hixiénico-sanitarias esixidas. Ao longo das catro horas, os presentes tamén poderán coñecer os viños que se elaboran no territorio, da man das adegas que forman parte da devandita acción: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei en Asturias será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es, xa que as prazas son limitadas.