ABANCA e o Consello Regulador Denominación de Orixe Monterrei reforzan, un ano máis, o seu compromiso para reactivar o sector, esencial para a economía da provincia de Ourense, e así responder aos seus desafíos, marcados en boa medida polo aumento do custo dos insumos e a inflación.
O acordo foi asinado hoxe en Verín pola directora de zona de ABANCA en Ourense este, María José López Rubal, e o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García. Ambos representantes aproveitaron a rúbrica do acordo para conversar sobre a situación actual do sector.
O convenio establece unha serie de fórmulas de crédito deseñadas e elaboradas especificamente para os viticultores que reflicte o seu compromiso coa sostibilidade. O documento tamén recolle unha serie de produtos e servizos que permitirán poñer en marcha novos proxectos e mellorar a competitividade dos actuais. Ademais, para que isto sexa posible, ABANCA ofrece unha serie de préstamos persoais con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e intereses moi competitivos. Tamén especifican unha serie de liñas para potenciar o desenvolvemento de actividades sostibles, solucións como o leasing mobiliario e diferentes alternativas de financiamento co ICO e as SGR nacionais, entre outras.
Co obxectivo de facer fronte aos retos da actividade diaria dos viticultores, os membros do C.R.D.O. Monterrei contan con diferentes solucións, como a póliza de crédito específica para o sector, diferentes fórmulas como o préstamo anticipo para colleitas e subvencións, préstamos para os gastos de campaña ou anticipos para as axudas da PAC. Mediante estes servizos, os viticultores poderán minguar os efectos que está causando o aumento dos custos dos insumos e o aumento da inflación. A través do acordo poderán beneficiarse tamén das vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.
ABANCA pon a disposición dos viticultores a cercanía e experiencia da súa unidade especializada ABANCA Agro, que conta con xestores propios formados especificamente nas necesidades do campo e coa capacidade de crear produtos específicos para subsanar situacións ou necesidades imprevistas.