A localidade de Ribadeo foi testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes máis de medio centenar de profesionais da canle Horeca.
Garantindo as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, esta actividade acolleu unha ampla representación do sector de distribución, hostalería, sumilleres ou restauración. Entre os mesmos atopábanse representantes do Parador de Ribadeo, Restaurante A Lonxa, Vinoteca O Cortello, Hotel Faro Isla Pancha, DEO Distribuciones, Distribuidores C.M. Ribadeo ou IES Foz, Gastroberni, entre outros.
Os participantes nesta iniciativa recibiron información sobre as peculiaridades de chan e clima, a súa tradición vitivinícola, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as características dos viños das 21 adegas que formaron parte desta acción promocional: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón,Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
“A Mariña Lucense é parada obrigatoria para a D.O. Monterrei, e por iso, quixemos volver este ano a presentar o produto das nosas adegas, e achegarlle o mesmo aos nosos prescritores, e así seguir demostrando a calidade dos nosos brancos e tintos”, manifesta a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva.