A cidade de Lugo foi testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, que congregou a profesionais do sector da distribución e canle Horeca.
Esta iniciativa tiña como finalidade dar a coñecer os viños que se elaboran na denominación, afianzar a imaxe de marca e impulsar a comercialización directa, entre outras cuestións. Neste evento participaron representantes de La Tienda Raúl Freire, 101 Vinos, El Pincel, El Jardín, Restaurante Eduri, Mesón O Castelo, Sala Jagger, Mesón Tres Pes, Parrillada Caminito, A Fábrica, Santeiro’s, Parrillada Antas de Ulla, Chuché, Vitato, Cafetería Abrente, Ciudad de Lugo, Hotel Cross ou Apartahotel Méndez Núñez. Ademais membros de alumnos/as do IES Sanxillao de Lugo, e o diputado provincial da área de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón.
Na devandita acción promocional ademais de degustar os brancos e tintos elaborados na denominación, os asistentes puideron coñecer as peculiaridades deste territorio vitivinícola, por exemplo, características de chan e clima, tipoloxías de viño ou tradición vitivinícola. Na mesma estiveron presentes os viños das seguintes adegasLadairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).
“Este ano, e despois de realizar varias accións na Mariña Lucense, volvemos á capital da provincia”, indica o presidente, Jonatás Gago García, “co obxecto mostrar o noso produto ao canle HORECA e sector da distribución, e deste xeito axudar a que as nosas adegas amplíen as súas canles de comercialización”, conclúe.