A presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, e representantes da Consellería do Medio Rural entregaron os premios das Catas de Galicia relativas a este selo de calidade.
Os gañadores das distintas categorías na D.O. Monterrei foron:
– 1º posto e Acio de Ouro (Viños brancos): Pepa Porter, de Terrae Monterrei S.L.
– 1º posto e Acio de Ouro (Elaboracións con madeira branco): Vía Arxéntea Godello e Treixadura 2018, de Manuel Guerra Justo. –
3º posto e Acio de Bronce (Elaboracións con madeira tinto): Quinta das Tapias 10, de Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán).
“Queremos felicitar ás tres adegas premiadas nas Catas de Viños de Galicia, así como tamén a todos aqueles que participaron e que fan posible esta nova edición”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “É importante recoñecer tamén o traballo realizado pola Consellería do Medio Rural que, a pesar de ser un ano difícil, traballou duro para realizar de novo este evento. Sobre todo tendo en conta que é un ano no que está edición significa moito máis que as anteriores, debido a que recoñece e apoia o esforzo tan grande que realizan todos os que seguen crendo no sector primario, e no especial o sector vitivinícola”, conclúe a presidenta