A Denominación de Orixe Monterrei finalizou a campaña de vendima 2021, alcanzando de novo unha colleita histórica, con 6.231.057,5 quilogramos de uva recolectados.
A campaña de vendima 2021 concluíu cuns “excelentes resultados a nivel cuantitativo, debido ao aumento paulatino que foi vivindo a nosa base territorial”, indica a presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, “xa que se volveu a lograr un máximo histórico, superando en máis de medio millón de quilogramos a campaña 2020, ata o de agora a máis exitosa”.
Con respecto á cifra de variedades vendimiadas, colleitáronse 4.229.604,1 quilogramos de uva branca, mentres que de uva tinta foron 2.001.453,4 quilogramos. A presidenta tamén quixo destacar que “nos atopamos ante un vendima atípica climatolóxicamente falando, pero na que viticultores e adegueiros traballaron duro para que o froito entrase cun estado óptimo nas adegas, o que agardamos tradúzase na calidade duns viños que sigan recibindo distincións e, o que é máis importante, o recoñecemento dos consumidores.”
A campaña de vendima iniciouse o 06 de setembro, coa adega Pazo das Tapias e finalizou o 15 de outubro, sendo as adegas Quinta do Buble e Trasdovento as últimas en pechar o período de recolección de uva.