Desde a Denominación de Orixe Monterrei móstrase o total apoio ao canle HORECA, tras as medidas aplicadas en Galicia, para o control do COVID-19, que levan consigo novas limitacións para este sector, obrigando ao peche da actividade e permitindo só a recollida no local para consumo fose do mesmo ou a entrega a domicilio.
“Como ao longo destes meses de pandemia, a Denominación de Orixe Monterrei, non pode senón sumarse e solidarizarse publicamente coa difícil situación que vive o canle HORECA, en especial coa difícil situación que atravesan os nosos veciños e compañeiros de viaxe durante moitos anos”, destaca a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Dá Silva. “O sector da hostalería e restauración está intimamente ligado ao noso viño, á nosa insignia como enocomarca, pero tamén á agricultura, á gandería, en xeral a todo o sector primario e por suposto tamén ao sector turístico”, engade a presidenta.
Por este motivo, apela “á responsabilidade individual para axudar entre todos a paliar os efectos deste virus, a non criminalizar sectores, e a solidarizarnos coa hostalería e restauración local”. Tamén engade que “agora debemos unirnos e axudar a un sector do que dependen moitos outros, por iso valoramos moi positivamente as axudas ofrecidas desde o Concello de Verín e a Xunta de Galicia, agora ben, debemos esperar a ver o alcance das mesmas e se os nosos hostaleiros son capaces de resistir este novo peche”. A presidenta do C.R.D.O. Monterrei tamén quixo “animar ao consumidor a que se dirixa á restauración e hostalería para demandar comida e bebida co obxecto de consumila nos seus domicilios”.