O C.R.D.O. Monterrei organizou, en Ourense, unha Masterclass destinada a prensa especializada e sumilleres de establecementos de restauración e hostalería da cidade.
Esta iniciativa estivo conformada por unha sesión formativa sobre o territorio (características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de produto, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas realizadas polo chef Miguel González (Restaurante Miguel González -* Estrela Michelin-).
Esta acción contou coa participación de Lara Da Silva (presidenta do Consello Regulador), Emilio González (subdelegado do Goberno en Ourense) e Miguel Ángel Viso (senador). Ademais estiveron presentes sumilleres dos restaurantes A Taberna (Javier Outomuro), El Artesano (Luis Puente), O Pazo de Canedo (Ana María Preotu e David Rodríguez), Nova (Maikel García García e Enrique Núñez Álvarez), Grupo Hostelero A Mundiña (Javier Facal) e Taberna A Pulpería Atarazana (María del Carmen Delgado). Así como representantes de Carrefour Ourense, Carrefour Noroeste (Galicia, Asturias, Cantabria e León), C.F.P. Hostelería de Turismo e Industrias Alimentarias; e xornalistas dos medios Onda Cero Ourense, Diario Luso-Galaico, O Sil, La Región, Telemiño, Cepas y Vinos, La Voz de Galicia ou Vinos y Caminos, entre outros.
As adegas participantes nesta actividade foron: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.
“Trátase da segunda iniciativa destas características que facemos neste 2022, tras a efectuada na Coruña, e a mesma permite un trato persoal e directo cos participantes nelas”, destaca a presidenta do Consello Regulador, “xa que se mostran in situ as peculiaridades que diferencian a Monterrei doutra denominación, así como permite descubrir as potencialidades dos nosos brancos e tintos con diferentes elaboracións gastronómicas, como as efectuadas nesta ocasión por Miguel González”. “Con este tipo de accións o que tentamos é, a través dunha harmonía distendida, achegarnos máis á canle de hostalería e ás cadeas de distribución, escoitando as súas necesidades e propostas, así como tamén construír ideas en conxunto que permitan crear sinerxias para o mercado da D.O. Monterrei. Doutra banda, é unha oportunidade excelente para relacionarnos cos medios de comunicación, que sempre estiveron aí presentes tamén na promoción do noso selo de calidade”, conclúe Da Silva.