O C.R.D.O. Monterrei estará presente na nova edición do FIC Vía XIV de Verín, que terá lugar do 08 ao 17 de setembro.
Se o pasado ano desde a entidade realizouse unha cata, nesta ocasión o protagonismo para os brancos e tintos da D.O. Monterrei será a través dun Túnel do Viño, previsto para o 08 de setembro, ás 22 horas, no Auditorio de Verín.
Nese espazo, os técnicos do Consello Regulador ofrecerán información sobre o territorio vitivinícola, características edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxía de produto; ademais no mesmo poderanse degustar os viños que se elaboran en Monterrei. Para entrar no mesmo, será necesario adquirir unha copa, por un importe de dous euros. As adegas que estarán presentes nesta iniciativa son: Gargalo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento e Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo).
“A participación neste evento busca achegar os viños de Monterrei non só aos consumidores máis próximos senón tamén a todos os asistentes a este evento cultural, co obxecto de que se convertan en prescritores dos mesmos”, destaca Jonatás Gago García, presidente da entidade.