O vindeiro sábado 21 de agosto, os tintos e brancos de Monterrei serán protagonistas dun Túnel do Viño da denominación que se celebrará en Fisterra.
O Hotel Bela Fisterra acollerá unha nova acción promocional da denominación neste ano 2021, e na que estarán presentes viños de 22 adegas rexistradas na mesma. A acción promocional terá lugar entre as 17 e 21 horas, e estará destinada a catadoras, sector da distribución, canle HORECA e escolas de hostalería, entre outros.
Cumprindo coas medidas hixiénico-sanitarias esixidas, durante esta actividade os asistentes poderán descubrir a historia e tradición vitivinícola de Monterrei, as súas peculiaridades edafoclimáticas, variedades de uva ou tipoloxías de viño. Ademais, terán a oportunidade de coñecer o produto que se elabora na denominación, da man das adegas participantes: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.
Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei en Fisterra será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es, xa que as prazas son limitadas.