Os viños da D.O. Monterrei formarán parte dunha experiencia gourmet e multisensorial que terá lugar no marco do FIC Vía XIV de Verín.
O próximo 31 de agosto, fusionaranse viños, gastronomía e música nunha actividade conxunta organizada por Begoña Vázquez (gañadora do premio Cociñeiro Gallego do 2024), Miguel López (director técnico do C.R.D.O. Monterrei) e José Manuel Salgado (profesor do CMUS Verín). Durante a mesma mostrarase a gran versatilidade dos brancos e tintos de Monterrei, así como a riqueza gastronómica da zona, a través dunha maridaxe con produtos locais selectos. Todo iso acompañado por un pequeno concerto acústico de guitarra.
Dita iniciativa realizarase no Auditorio Municipal de Verín e a entradas para participar na mesma están dispoñibles en Ataquilla. O C.R.D.O. Monterrei é unha das entidades patrocinadoras do FIC Vía XIV, e nos últimos anos xa estivo presente no ciclo de actividades impulsadas por este festival, a través da realización dunha cata comentada ou un Túnel do Viño, no que participaron quince adegas rexistradas.
“A asistencia a este evento permite crear sinerxias con outras entidades, achegar os nosos viños aos asistentes a este evento e mostrar as potencialidades dos mesmos con produtos gastronómicos da comarca”, lembra Jonatás Gago García, presidente da entidade.