A Denominación de Orixe Monterrei participará na XXVII Feira do Pemento de Oímbra, que se celebrará o domingo 04 de agosto en Oímbra.
O Consello Regulador terá un stand propio onde ofrecerá información da denominación, variedades de uva, características de chan e clima, ou peculiaridades dos viños, entre outros aspectos. Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar os viños da denominación.
Doutra banda, os viños de Monterrei estarán presentes na comida popular que se organiza con motivo desta celebración, na que participarán as seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Manuel Regueiro García (Serra de Alén) e Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff (Ramón Bigotes).