A Denominación de Orixe Monterrei participa na III Festa da Vendima da Vila de Monterrei, que terá lugar mañá 05 de outubro nas inmediacións do Castillo de Monterrei.
O Consello Regulador contará cun stand propio onde ofrecerá información da denominación, variedades de uva ou tipoloxía de viños, entre outras cuestións. Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar o produto das seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Vía Arxéntea, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada, Manuel Regueiro García (Serra de Alén) e Alejandro Ramón Blanco Dijkhoff.