O C.R.D.O. Monterrei acaba de realizar, na Coruña, unha Masterclass destinada a prensa especializada e sumilleres de establecementos de hostalería e restauración da provincia.
Esta iniciativa estivo conformada por unha sesión formativa sobre o territorio (características de chan, clima, tipoloxía de produto ou variedades de uva, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas. Á devandita actividade, que contou coa participación de Lara Da Silva (presidenta do Consello Regulador), asistiron sumilleres dos restaurantes O Xardín de Anceis (Cambre), Cafeterías Herculinas (A Coruña), Hotel Bela Fisterra e Hotel Bela Muxía, Mesón A Fonte da Saúde (Cambre), A Artesa da Moza Crecha (Betanzos), A Cabana (Bergondo), Árbore da Veira (A Coruña), Bido (A Coruña), Casa Aurelio (Santa Comba), DeLito (Santiago de Compostela), Taberna A Mundiña (A Coruña), Central Park (A Coruña), Vinoteca O Ceo (A Coruña), Vinoteca Vide Vide (Santiago de Compostela), Vinoteca Jaleo (A Coruña), Casa Surrey (A Coruña) e Vinoteca Vinos Arana (A Coruña). Ademais tamén estiveron presentes xornalistas das medios Cepas y Vinos, Radio Coruña Cadena Ser, ou La Voz de Galicia, entre outros.
As adegas participantes nesta actividade foron: Trasdovento, Pazo das Tapias, Abeledos, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terrae Monterrei, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
“Trátase da primeira iniciativa destas características que facemos neste 2022, destinada exclusivamente a sumilleres e prensa especializada, co obxecto de presentarlles pormenorizadamente as peculiaridades de Monterrei, xa que esta actividade permite un trato personalísimo cos asistentes”, indica a presidenta do Consello Regulador. “Ademais tivemos a ocasión de mostrar, xunto coas diferentes elaboracións gastronómicas que nos ofreceu o chef Luis Veira do restaurante Árbore da Veira (*Estrela Michelin), as infinitas posibilidades do noso produto”, conclúe Lara Da Silva.