O C.R.D.O. Monterrei e CaixaBank asinaron un acordo co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito aos membros deste colectivo e impulsar a competitividade do seu sector. O convenio foi subscrito pola presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva, e pola directora de área de CaixaBank na provincia de Ourense, Begoña Abraldes.
CaixaBank poñerá ao dispor dos adegueiros unha ampla carteira de produtos e servizos deseñados para atender as necesidades da súa actividade, como financiamento para a plantación de novos viñedos e créditos para facer fronte aos gastos das campañas agrícolas. A entidade incluíu na súa oferta soluciones específicas de seguros, renting de maquinaria e liñas de apoio para a internacionalización das adegas.
No transcurso do acto, Lara Da Silva indicou que “desde a institución buscamos, con este convenio, atopar novos produtos financeiros vantaxosos e novos colaboradores que permitan aos nosos axentes centrarse no que realmente importa: a venda do noso produto de calidade. E iso consegue desde unha tranquilidade e confianza financeira”. Doutra banda, a representante de CaixaBank lembrou a proximidade que a entidade quere manter co sector primario de Ourense, no que a produción de viño destaca como unha das súas principais actividades. Segundo Abraldes “queremos que produtores e adegueiros dispoñan dunha proposta de valor que lles permita atender todas as necesidades que xurdan na súa actividade”. “Este convenio”, engadiu, “expresa en certa maneira a nosa vontade de acompañar aos adegueiros para reforzar a súa competitividade despois dun período complicado por mor de pandemia”.
Desde hoxe, CaixaBank poñerá ao dispor de todos os membros da D.O. ao seu persoal en Verín e aos especialistas agrarios. Os xestores especializados de CaixaBank contan cunha acreditada experiencia en operacións e recursos para o sector primario ao traballar con numerosas empresas e autónomos do ámbito agrario.