Máis de 200 persoas déronse cita no showroom, realizado na Coruña, por parte da Denominación de Orixe Monterrei.
Ao longo de toda a xornada, sumilleres, representantes ou propietarios de máis de 50 establecementos de hostalería da cidade e corenta empresas de distribución, achegáronse ata a acción promocional da entidade vitivinícola para coñecer in situ o produto elaborado polas seguintes adegas: Trasdovento, Pazo das Tapias, Abeledos, Ladairo, Pazos del Rey, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva (Vinos Lara), Manuel Regueiro García (Serra de Alén), Manuel Vázquez Losada, Minius, Pazo de Valdeconde, Terras do Cigarrón e Triay.
Entre os asistentes a este showroom atopábanse membros de establecementos como Arbore da Veira, Attica 21, restaurantes El Refugio, A Mundiña, O Cadaval, A´Cortiña de Lorbén, Divino, vinotecas Jaleo, O Ceo, O Carro ou Eme, Cantón 23, Vermutería Martínez, Jardín de Árbore, La Sazón, Casa da Capilla, Lareira Gourmet, Ronda 2, Rutasyrestaurantes.com ou Tasca A Cona Brava, entre outros.
Nesta actividade dedicada a ensinar o potencial de Monterrei, tamén contou cun Túnel de Anadas das 20 adegas participantes na mesma, coa finalidade de mostrar a capacidade de garda dos viños de denominación.
“Éxito rotundo, tanto de adegas participantes como de asistentes a este evento”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago García, “o que demostra que A Coruña é unha cidade crave para os viños de Monterrei, e un dos nosos mercados estrela, xa que ao longo de toda a xornada foron moitas as persoas interesadas en descubrir os nosos viños e as súas peculiaridades, supoñendo unha oportunidade de apertura de novas canles de comercialización para as nosas adegas”.