Unha trintena de viños da D.O. Monterrei formarán parte dun Túnel do Viño, que levará a cabo na Coruña durante os días 25 e 26 de marzo.
Durante esas dúas xornadas, e en dúas quendas cada día (un de 11 a 14 horas, e outro entre as 18 e 21 horas), a aula de Cata Paadín será testemuña desta actividade promocional da denominación, destinada ao canle HORECA, catadores, docentes e alumnos de centros de hostalería, entre outros. Extremando as medidas hixiénico-sanitarias esixidas, mostrarase aos participantes da devandita iniciativa cuestiones como tipoloxías de viños, variedades de uva, características edafoclimáticas ou historia vitivinícola do territorio.
Así mesmo poderán descubrir o produto que se elabora na denominación, da man das 17 adegas que participan nesta acción: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) E Manuel Vázquez Losada.
Para participar no Túnel de Viño da D.O. Monterrei na Coruña será necesario confirmar asistencia no teléfono 678 577 933 ou info@paadin.es, a fin de controlar o aforo. “É a segunda acción promocional que realizaremos este ano, retomando o vínculo directo cos nosos prescritores”, destaca a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “Estamos nun momento no que a promoción do noso produto faise fundamental coa finalidade de, na medida das nosas posibilidades, tender pontes de comercialización para os nosos asociados, axudando como non pode ser doutra maneira tamén a fortalecer o conxunto da imaxe de marca de Monterrei”, conclúe a presidenta.