A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa conta cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Raúl López Martín, foi elixida entre un total de 73 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.
O autor desta obra, presentada baixo o lema “Tradición”, é licenciado en Belas Artes e traballa como deseñador gráfico. Participante en diversos concursos de cartelería venceu algúns deles como San Fermín 2023, Nagusia Bilbao, Carnavales de Bilbao, Semana Santa de Callosa de Segura (Alicante), Feria y Fiestas de Lora del Río (Sevilla), Festival Cine de Terror de Molins de Rei (Barcelona), Festival Internacional de Cine de Animación (Basauri-Bizkaia) ou os das Festas de Tudela, Estella, Tafalla, Barañáin, Huarte, Villava, Corella ou Calahorra, entre outros.
O xurado encargado de elixir o cartel anunciador ha estado conformado por Ernesto Rodríguez, vocal e representante do Consello Regulador da D.O. Monterrei; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Consevatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica, Fernando Barreira, artista plástico, e María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios.