A última actividade promocional da D.O. Monterrei, celebrada en Fisterra, contou con preto dun centenar de asistentes desta zona.
Ao longo de catro horas, membros do sector da restauración e hostalería, distribución e medios de comunicación, entre outros, coñeceron as singularidades da denominación. Entre os que se achegaron ata esta iniciativa, na que tamén participou o presidente do Consello Regulador, Jonatás Gago, atopábanse representantes dos establecementos La Bayonaisse, A Cova do Raposo, Trebón, Taberna do Carreixo, Parador de Turismo Costa da Morte, Bela Fisterra, Mar de Fisterra ou Bela Muxía. Ademais dos presidentes da Asociación Española de Geólogos, da AGACS (Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago) e de APTCM (Asociación Profesionais de Turismo da Costa da Morte).
Así mesmo, os participantes nesta acción da D.O. Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada E Manuel Regueiro García (Serra de Alén).
Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este 2023, que permitiu que os viños de Monterrei chegasen a cidades como Barcelona, Madrid, Berlín, Lugo ou Santander. “Consideramos fundamental que os profesionais de hostalería e restauración, ademais da distribución, coñezan os nosos brancos e tintos e por que constitúen a mellor opción para os seus clientes. A nosa promoción non só vai dirixida ao consumidor final, senón tamén a traballar distintas canles de venda, e reforzar así o traballo que levan a cabo as nosas adegas ao longo do ano”, destaca o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Jonatás Gago.