O vindeiro venres 11 de agosto terá lugar o acto da imposición de medallas da Confraría dos Viños de Monterrei, no que serán nomeados tres novos integrantes da mesma.
Este acto, que volve realizarse conxuntamente coa celebración da Feira do Viño de Monterrei, levará a cabo na Igrexa Parroquial de Verín, a partir das 18.30 horas (entrada libre ata completar aforo).
Nesta ocasión, sumarase a Confraría dos Viños de Monterrei, o actual presidente da Federación Española de Enoloxía (FEAE). Luís Buitrón Barrios estudou enoloxía na Escola de Viticultura e Enoloxía de Requena (Valencia). Inicia a súa actividade profesional en Galicia, traballando en adegas de Ribeiro, Valdeorras, Rías Baixas e, por suposto, Monterrei. Segue coa súa profesión na zona de Ribeira do Douro e León para finalmente retornar a Galicia. Entre os anos 1994 e 1999, foi director técnico do C.R.D.O. Ribeira Sacra. A partir de aí dedícase ao asesoramento de adegas en Galicia, Asturias e Castela e León. De 2015 a 2021 é presidente da Asociación Galega de Enólogos. Despois de ser vicepresidente da FEAE, entre 2017 e 2021, alcanza a presidencia desa entidade no 2021, ademais de ser membro da directiva de UIOE (Unión Internacional Asociacións de Enólogos).
O que será novo membro da Confraría dos Viños de Monterrei afirma que nesta denominación de orixe -una dos berces do godello- están a producirse “dos mellores movarietales de España” desta variedade. “O contraste térmico brutal de Monterrei”, afirma Buitrón , “esculpe unha maduración única no godello”.
Así mesmo, o presidente do colectivo profesional dos enólogoes/enólogos españois destaca a potencia do godello de Monterrei como unha das maiores de todos os territorios peninsulares. “Os monovarietales que se están producindo hoxe de godello en Monterrei e Valdeorras son dos mellores da Península”. Afirma que “o seu cultivo ten unha longa tradición en Monterrei, aínda que antes este territorio vinculásese máis aos tintos, e é un dos berces do seu desenvolvemento”.
“Hoxe o godello é un puntal de Monterrei, é o emblema da D.O., aínda que ata hai uns anos os tintos foran o seu mascarón de proa”, asegura. Polas características da súa zona de transición, cun clima moi extremo na diferenza climática e con grandes contrastes térmicos -como acaba de acontecer hoxe- provocan grandes xeadas e moito calor no verán, o que permite unhas maduracións de gran calidade.
A Confraría dos Viños de Monterrei foi creada no ano 2013, e conta na actualidade contará 49 membros (algúns deles nomeados a título póstumo).