A Denominación de Orixe Monterrei estará presente na XXVI Feira do Pemento de Oímbra, que terá lugar este domingo 06 de agosto na localidade de Oímbra.
O Consello Regulador contará, como nas últimas edicións, cunha caseta propia onde ofrecerá información da denominación, características edafoclimáticas, variedades de uva ou peculiaridades dos brancos e tintos, entre outras cuestións. Ademais, os que se acheguen a este espazo promocional tamén poderán degustar os viños da denominación.
Así mesmo, os tintos e brancos de Monterrei estarán presentes na comida popular que se organiza con motivo da XXVI Feira do Pemento, na que participarán un total de 15 das 28 adegas que conforman a D.Ou. Monterrei. As adegas que forman parte desta iniciativa son: Ladairo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara) Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei (Adegas Terrae), Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento e Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo).