O C.R.D.O. Monterrei acaba de realizar, en Berlín, unha Masterclass destinada a prensa especializada, importadores, distribuidores e sumilleres de establecementos de restauración da capital alemá.
Esta iniciativa estivo conformada por unha sesión formativa sobre o territorio (características de chan, clima, tipoloxía de produto ou variedades de uva, entre outras cuestións), cata de viños elaborados en Monterrei e harmonía dos mesmos con diferentes elaboracións gastronómicas. Á devandita actividade asistiron representantes dalgunhas das máis importantes importadoras e tendas de viño de Alemaña como Wein und Vinos, Weinkontor Freund, Spanische Quelle, Vine Culture, Andupez, Wein Agentur, La Bodega Wein, Rössler Getränke, Muret La Barba, Weinmichel, Mitte Meer ou Wein von Eisen. Ademais de consultores vitícolas e institucións formativas como Shahab Jalali, Steffen Kellner, Wein Akademiker, MDC. Así como os medios Garçon Magazin, Schaum Magazin, Flux FM Radio, ou sumilleres do Restaurante Volver ou o Bar Raval, establecemento anfitrión.
O Bar Raval é coñecido na capital alemá por ser o famoso actor hispanoalemán Daniel Brühl uno dos seus propietarios. Ademais conta co certificado de Calidade de restaurantes españois que outorga Food and Wines from Spain e é recoñecido como un dos mellores establecementos de Tapas de Berlín.
As adegas participantes nesta actividade foron: Ladairo, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Franco Basalo, Trasdovento, Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García (Serra de Alén).
“A realización de estar Masterclass permite aos participantes descubrir, a través dun trato único e exclusivo, o territorio vitivinícola en base ás variedades, chans e altitudes; ademais de coñecer información específica sobre a realidade vitivinícola de denominación, como historia, cifras, estilos e proxección”, recoñece o presidente da entidade, Jonatás Gago García.