A próxima edición da Feira do Viño de Monterrei xa ten cartel anunciador. A proposta seleccionada, de Francisco Rodríguez Salgado, foi elixida entre un total de 62 traballos presentados ao concurso impulsado polo C.R.D.O. Monterrei.
O autor desta obra, presentada baixo o lema “Sabores de Monterrei, onde o viño e a tradición se xuntan en cada copa”, é funcionario e natural da Devesa (Vilardevós). Trátase da primeira ocasión que se presenta a un concurso destas características.
O xurado encargado de elixir o cartel anunciador estivo conformado por Jonatás Gago, presidente e representante do Consello Regulador da D.O. Monterrei; Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Consevatorio, Festexos e Turismo do Concello de Verín; Noelia Manzano, deseñadora gráfica, e María del Pilar Salgado, profesora de Artes e Oficios.