A sede do C.R.D.O. Monterrei acolleu unha cata de viños de Monterrei realizada pola Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia.
O equipo de cata estivo conformado por un total de 12 catadores, entre os que se atopaban:
Este panel avaliou 53 viños da denominación, 30 brancos e 23 tintos. Ao finalizar a cata, Natalia Cid, realizou unha valoración dos viños catados polo equipo, manifestando que “este ano na cata de viños de Monterrei atopamos unha anada boa. Nos viños brancos habemos apreciado unha marcada prontitude na vendima, conferíndolles un carácter máis vexetal nos viños, debido seguramente ás condicións climáticas. Polo tanto temos uns viños con moita frescura, dando notas vexetais e florais. En boca reflicten moi ben o terreo, atopándonos cuns viños máis minerais e equilibrando a acidez e frescura”. Mentres que “en tintos atopamos viños un pouco máis froiteiros, sen deixar o seu mineralidad en boca e fresca complexidade que fai deles uns viños ideais, tanto para degustar neste momento como para dentro dun par de anos, pois vemos unha buenísima evolución en viños de anadas anteriores”.
Esta cata serviu para avaliar os viños da comarca para realizar a rolda de clasificación da que resultarán os galardoados coas Distincións Gallaecia 2022, así como para elaborar a “Guía Luis Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2023”.