A última actividade promocional da D.O. Monterrei, celebrada en Bilbao, congregou a máis de sesenta asistentes de sector da distribución e restauración.
O Túnel do Viño da D.O. Monterrei contou coa participación de catadoras e representantes do sector da canle Horeca como Restaurante Urregin, Restaurante Andra Mari, Hotel Embarcadero, Grupo Hostelero Sodexo, Restaurante Nikkou, Hotel Ercilla, Restaurante Las Torres, Singular Bar, Basterra & Vinoarte, Restaurante Lar, Seoul Wines. Ademais de distribuidores, bloggers, xornalistas ou docentes de centros de hostalería como como Escuela Artean Wine Bilbao o Escuela Superior de Hostelería de Bilbao, entre outros. Todos eles recibiron información sobre as características de chan e clima, variedades de uva, tipoloxías de viño ou importancia da viticultura na historia e economía da zona.
Así mesmo, os participantes nesta iniciativa da D.O. Monterrei puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas: Trasdovento, Pazo das Tapias, Abeledos, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terrae Monterrei, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este 2022, e que xa permitiu que os viños de Monterrei viaxen a Madrid, Oviedo, A Coruña ou Barcelona, entre outras cidades. “Este ano queriamos a volver estar presentes en Bilbao, que conforma un dos mercados principais de Monterrei no norte de España”, recoñece a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. “A realización de iniciativas destas características permítenos mostrar, presencialmente, o produto que se elabora en Monterrei non só ao sector da distribución senón tamén á restauración ou hostalería, e ensinar as peculiaridades e singularidades que nos fan diferentes”, conclúe.