A cidade de Oviedo foi testemuña da última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes máis de setenta profesionais do canle HORECA de toda a provincia.
Ao longo de catro horas, o Hotel Gran España acolleu unha ampla representación do sector de restauración, hostalería, sumillería ou distribución, entre outros. Entre os mesmos atopábanse representantes de Distribuciones Moutas, Deloya Gastronomía, Vinatería La Vía, Cafetería Cohibas, Vinatería KM0, Asociación de Empresarios de Asturias, Asociación Asturiana de Sumilleres y de los restaurantes Arbidel Ribadesella, Del Arco, La Carta de Cimadevilla, Gambrinus, Orígenes, El Jardín ou Que te vaya bonito.
Os asistentes a esta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas deste territorio vitivinícola, a súa tradición e historia, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as peculiaridades dos viños das 22 adegas que formaron parte desta acción promocional: Trasdovento, Pazo das Tapias, Abeledos, Ladairo, Pazo de Valdeconde, Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Fragas do Lecer, Franco Basalo, Gargalo, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Manuel Vázquez Losada, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Quinta do Buble, Terrae Monterrei, Terras do Cigarrón e Triay Adegas de Oímbra.
“Quixemos volver, un ano máis, a Asturias, un dos mercados máis relevantes para a nosa denominación”, manifesta a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “alí sempre somos ben recibidos, e por iso consideramos fundamental mostrar o noso produto ao canle HORECA e sector da distribución desa provincia, e deste xeito reforzar a nosa imaxe de marca así como axudar a que as nosas adegas amplíen as súas canles de comercialización”, conclúe.